A lonxa de Cabo de Cruz terá novo chan

BOIRO> A lonxa de Cabo de Cruz terá novo pavimento. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, comprometeuse a investir nove mil euros para reparar o chan do interior. Trátase dunha actuación moi necesaria, xa que o pavimento do edificio atópase danado en diferentes zonas. Jose Juán Durán, responsable do organismo portuario, anunciou esta intervención durante a súa visita a lonxa crucense, onde puido ver en primeira persoa a necesidade para renovar o chan. Nesta visita tamén estiveron presentes o alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, e a patroa maior de Cabo de Cruz, Raquel Souto. Pero a petición desta actuación  xa tiña o seu propio recorrido, a patroa maior púxose en contacto persoalmente ca conselleira do Mar, Rosa Quintana, para trasladarlle o problema. Portos de Galicia xa ven de iniciar a súa tramitación administrativa. Polo que, en breves, os traballadores da Lonxa de Cabo de Cruz poderán ter un pavimento en boas condicións.