A Policía Local de Poio investiga varios roubos na aldea de San Martiño

    roubospoio100_270308.jpgPOIO > San Martiño, unha aldea de Poio, está a vivir estes días o que podemos dar en chamar unha vaga de roubos. Dúas casas, e un automóbil foron …

    {flowplayer}images/salnes/roubos.flv{/flowplayer}

    POIO > San Martiño, unha aldea de Poio, está a vivir estes días o que podemos dar en chamar unha vaga de roubos. Dúas casas, e un automóbil foron o obxectivo dos amigos do alleo. Pero ademais, onte unha veciña do lugar tamén denunciou o que pode ser outro intento de atraco.

    Nesta aldea de Poio producíronse nos últimos sete días dous roubos nunha vivenda, e outro dun coche, que posteriormente os raptores remataron por queimar. Ademais, unha veciña tamén deu onte a voz de alarma logo de ver pisadas estrañas na parte baixa da súa vivenda, que apareceron no intre no que a muller se afastara uns minutos da casa para facer unhas compras. A veciña asegurou que o garaxe, onde atopou as pisadas estaba limpo cando ela marchara, e que ninguén máis pasou pola súa casa na mañá de onte.

    Tanto altercado en tan pouco tempo non fai estrañar que os veciños de San Martiño anden estes días co medo no corpo. Os dous primeiros incidentes producíronse nestas dúas vivendas veciñas, situadas ó carón da capela de San Martiño a pasada semana. Na primeira casa, roubaron un televisor de plasma e estragaron o automóbil dos donos, aproveitando que estes se atopaban no estranxeiro. Tan só un día despois, e na casa do lado, volveuse a repetir a situación, só que desta vez o motín foron unhas 42 galiñas. Pero isto non foi todo, xa que tamén roubaron o coche doutro veciño, o que lle prenderon lume.

    Ninguén de San Martiño chegou a identificar en ningunha das catro ocasións a algún sospeitoso dos feitos. Pero esta mañá a veciña que denunciara onte o que parece ser un intento de roubo frustrado, subliñou que si veu nas inmediacións da súa casa a dous veciños individuos sospeitosos nun automóbil vermello. Sobre esta pista está a traballar agora a policía local de Poio, que non descarta que os tres incidentes puidesen haber sido causados polas mesmas persoas. Dende a Subdelegación do Goberno descarta que detrás dos incidentes estea algún tipo de banda organizada, que atribúen a delincuentes habituais da zona.

    Redacción Salnés