Ribeira conta cun novo parque infantil

    RIBEIRA> Está situado na parroquia de Olveira.

    Os nenos e nenas de Olveira xa poden desfrutar dun novo espazo habilitado para o xogo, que cumpre coas normativas europeas ao contar cunha superficie de caucho por debaixo dos módulos. O concello de Ribeira permitiu o uso das novas instalacións, situadas fronte á igrexa de Bretal, ó comezo desta semana. As obras do recinto foron realizadas por operarios da empresa Galitec Desarrollos Tecnológicos, S.L., e supuxeron un investimento de 32.670 euros.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí