BOIRO> A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitou esta mañá no campamento xuvenil de Espiñeira a un grupo de rapaces que participa no programa ‘Talentia’ unha das actividades ofertadas dentro da campaña ‘O teu mellor verán’ que promove a Xunta de Galicia.
Segundo explicou o director da actividade, o actor Rubén Riós, a experiencia está a resultar do máis positiva para os rapaces, xa que busca formentar neles a súa creatividade artística.
A directora xeral destacou tamén a iniciativa, coa que se ofrece unha alternativa de ocio diferente.
Hoxe os rapaces tiveron unha visita especial. A de Mozos de Arousa, que compartiron con participantes en ‘Talentia’ a súa propia experiencia.
Tamén colaboran coa proposta ós actores Christián Escuredo, Estíbaliz Veiga e Benedita Sanchez.