Portos aplicará unha tarificación máis rendible para os hostaleiros de Ribeira

    pargaportos_2100_70308.jpgRIBEIRA > O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, informou ao rexedor ribeirés das inversións portuarias previstas neste concello para o próximo ano.

    {flowplayer}barbanza/pargaportos.flv{/flowplayer}

    Nun ambiente distendido, ambos dirixentes deron os primeiros pasos para poñer a andar un proxecto necesario e perentorio como é o plan de reforma integral do porto de Ribeira, presentado polo goberno autonómico hai xa máis dun ano. Así, Jacinto Parga puxo en coñecemento do alcalde de Ribeira que neste ano se licitarán as obras e está previsto que en 2009 de inicio a actuación.

    Malia que a situación da nova lonxa, emprazada no peirao comercial, non convence aos colectivos do mar de Ribeira, Jacinto Parga aserverou que é o lugar máis axeitado, tanto por cuestións técnicas como de funcionalidade. Na xuntanza tamén se falou da necesidade de acomer o alargamento do acceso ao peirao comercial.

    Na actualidade estase estudando realizar esta actuación sen ter que recorrer a realizar un recheo. Asemade, está previsto emprender unha serie de actuacións menores, entre elas, mellorar o servizo de limpeza e recollida de lixo do porto, logo da denuncia dos usuarios da instalación portuaria por mor da acumulación de refugallos. Parga tamén deu por seguro ampliación dos puntos de amarre e o abrigo do porto deportivo, dentro dun plan de melloras medioambientais da dirección xeral de Costas.

    Por último, ambos dirixentes coincidiron en sinalar a necesidade de trasladar o mercante “Sunny Jane” amarrado e abandonado no porto de Ribeira dende hai máis dun ano e medio

    Modificación no cobro das taxas

    A xuntanza entre Jacinto Parga e José Luís Torres Colomer serviu tamén para abordar un problema que enfronta dende hai tempo a ámbalas dúas administracións: o conflicto polo cobro das terrazas instaladas na zona de dominio de Portos de Galicia.

    Parga anunciou a modificación no cobro das taxas ca aplicación dunha fórmula de tarificación máis rentable para aos hostaleiros, pagando tan só as xornadas útiles nos oito meses de tempada baixa, que Portos estima en sesenta días.

    Dende Portos consideran que con esta fórmula se equilibra o pago das taxas pola colocación de terrazas no dominio público e se xustifica a particulariedade do clima en Galicia, que non sempre é estable nos meses de verán.

    Parga lembrou que a tarifa que pagan os hostaleiros de Ribeira é a xenérica en a comunidade galega e sinolou, ademáis, que entende a inquietude dos empresarios. Por iso, os animou a informarse deste novo sistema de tarificación que en breve entrará en vigor.

    Desafectación da fachada marítima

    Pola súa banda, o alcalde ribeirés, José Luis Torres Colomer voltou reiterar a súa petición ao responsable de Portos para que a zona da fachada marítima sexa desafectada, ao considerar que se atopa integrada no casco urbano de Ribeira.

    Ademáis o rexedor xustificou esta decisión asegurando que estes terreos deberían ser de titulariedade municipal ao seren o concello o encargado de realizar neles os servizos de mantemento e limpeza. Jacinto Parga lembroulle que Portos non pode entregar estes terreos directamente aos concellos xa que se determinase que esa zona non é necesaria para o desenvolvemento de actividades portuarias, a titulariedade da mesma revertería na Dirección Xeral de Costas.

    Redacción Barbanza