![]()
SANTIAGO > Os presidentes dos cinco Consellos Reguladores Vitivinícolas de Galicia e os representantes das tres organizacións profesionais…
… agrarias asinaron esta mañá en Santiago un manifesto, co que reclaman á Consellería de Sanidade que exclúa o viño de calidade do Anteproxecto de Lei Integral en materia de drogodependencias e outras trastornos aditivos en Galicia. Con este escrito, os representantes do sector do viño galego amosan a súa desconformidade con que se cualifique de nocivo este alimento que ten cumpridos beneficios para o organismo si se consume de xeito moderado e regular. Rexeitan tamén que o problema de adicción estea vinculado a este producto natural e que forma parte da cultura dun pobo.
Estes defensores dos viños de calidade argumentan que de haber algunha administración galega sobre o viño debera ser especial e específica sobre esta materia.
Para apoiar os seus argumentos, os traballadores do viño defenderon os seus aspectos positivos vinculados ó desenvolvemento do rural, a súa contribución ó medio ambiente e a promoción das localidades nas que se produce.
Este manifesto fíxose público xusto o véspera do día no que expira o prazo para presentar alegación á dita normativa da Xunta de Galicia.
Redacción Salnés








