![]()
VILAGARCÍA > O presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía insiste na necesidade de facer un plan sectorial a longo prazo.
Ésta é precisamente unha das peticións que a Cámara de Comercio lle fixo á conselleira de Vivenda e Solo nunha carta que lle enviaron recentemente e na que tamén lle esixen que se axilicen os trámites e os plazo das obras comprometidas e se fixe canto antes un plazo de actuacións en polígonos da demarcación.
O envío da misiva responde á tardanza do director xeral de Vivenda e Solo e da propia conselleira, Teresa Táboas, en respostar ás promesas feitas por ambos na propia sede da Cámara. Aseguraran entón que ían axiliza-los polígonos Vilanova I e II, estuda-la ampliación do Pousadoiro e dar solución en breve ás peticións da Cámara xa que coincidían plenamente con eles nas necesidades da comarca. Sen embargo a día de hoxe nada saben de todas estas promesas.
Compra de oficinas
Por outra banda o presidente cameral anunciou que antonte se executou a compra das antigas oficinas do Inem, que quedan no mesmo edificio que ocupa a Cámara e que se converterán nun Centro de Formación Empresarial. Para a compra e a remodelación destas instalacións a entidade conta cun orzamento de 187.000 euros.
A intención do presidente é que o primeiro curso poida comezar en outubro. Deste xeito tamén poderán remodelar as actuais oficinas para darlle cabida a novos servizos e máis comodidade ós traballadores e socios da Cámara. Con esta actuación cumprirase un dos grandes desexos do presidente.
Redacción Salnés









