Xunta e cinco empresas únense para implantar a FP dual na metalurxia dende Valga

    VALGA> Valga aposta pola FP dual. Esta mañá, cinco empresas do sector metalúrxico da comarca asinaron coa Consellería de Educación un convenio para pór en marcha un ciclo de grao superior de Construcións Metálicas. Segundo este acordo, doce alumnos recibirán a formación teórica no Instituto de Valga, completando a súa aprendizaxe co traballo nas empresas asinantes. Unha fórmula que, para os asinantes, mellora a súa empregabilidade.

     

    A FP dual chega ao Instituto de Valga. O centro porá en marcha un ciclo de FP superior de Construcións Metálicas baseado nesta nova modalidade: combinando a formación teórica co traballo en empresas.

    A consellería de Educación asinou hoxe con cinco empresas o convenio que permite pór en marcha este proxecto. Segundo o acordo, Extrusionados Galicia, Aluminios Padrón, Gama e Hijos, Sistemas Técnicos de Accesorio y Componentes e Talleres ODL, unen esforzos coa Xunta encargándose da formación práctica dun total de 12 alumnos.

    Mentres estean na empresa, os alumnos recibirán unha bolsa de 350 euros mensuais. Ademais, segundo o conselleiro, mellorarán as súas opcións para integrarse no mercado laboral.

    O convenio terá vixencia ata a finalización do proxecto. A duración será de dous cursos escolares, que se estenderán dende o próximo 1 de outubro ata o 30 de setembro de 2017.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/18/conselleiro_cultura_fp_dual.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/18/conselleiro_cultura_fp_dual.mp4{/flowplayer}