O Ministro de Fomento inaugura o vial de acceso ó Porto de Vilagarcía

    inauguracion_100.jpgVILAGARCÍA> O novo acceso ó Porto de Vilagarcía xa está operativo. Esta tarde, o Ministro de Fomento, José Blanco, foi o encargado de cortar a cinta…

    {flowplayer}images/salnes/inauguracion_acceso_porto.flv{/flowplayer}

     … inaugural desta infraestructura que supuxo unha inversión do seu departamento de 54 millóns de euros.Estes cartos serviron para acondicionar un total de 7.1 kilómetros, cos seus correspondentes 8 pasos inferiores e 4 superiores, para unir o entorno do peirao de Vilagarcía ca periferia destes Concellos e outros puntos de vital importancia na comarca como son o acceso á autoestrada AP9, o Hospital do Salnés ou o novo polígono Industrial de Vilanova 2. O Ministro entende que esta actuación vai a dar uno pulo á economía, ó mellorar as comunicacións a nivel autonómico deste porto de interese xeneral do estado, no que aposta claramente pola súa intermodalidade.

    Esta estrada remata na entrada do peirao, na intersección entre as rúas Pablo Picasso e Valle Inclán, onde varios entes, entre eles a propia Autoridade Portuaria Vilagarciá, reclamaban un novo reprantexamento que evite futuros embotellamentos neste espazo; por medio dun paso a dous niveis.

    Onte mesmo o executivo local volvía a reiterar a súa postura como resposta a unha pregunta do público.Blanco afirmou que non estaba prevista remodelación algunha.

     Redacción Salnés