As ‘irregularidades’ nunha factura enfrontan ó goberno coa ex alcaldesa de Muros

    MUROS> O concello de Muros porá a disposición da xustiza a información relativa a unha factura municipal na que observan unha serie de irregularidades. Denuncian que se emitiu polo cambio das rodas do camión do Grupo de Emerxencias; substitución que non chegou a realizarse. Trátase dunha factura menor posto que o importe non chega a mil euros. Sen embargo, presenta unha serie de irregularidades que apuntan ó mal uso dos fondos públicos. A factura foi emitida por un taller da localidade, en concepto da substitución das rodas do camión do grupo de emerxencias. Sen embargo, os técnicos do concello indicaron que nunca se procedeu ó cambio dos neumáticos nesa empresa. Dende o executivo muradá insisten en que non acusan a ninguén e tan só pretenden que a xustiza depura responsabilidades, no caso de que as haxa. Sen embargo, a emisión da factura realizouse durante o mandato da anterior alcaldesa, Caridad González. A ex rexedora, pola súa banda, aclarou que efectivamente asinou a folla de pedido pero non chegou a autorizar o pago da factura que permanece sen aboar. Entende que as acusacións formuladas polo actual executivo, ó relacionar esta factura co cambio das rodas do vehículo persoal da ex alcaldesa, constitúen un delito de coaccións e inxurias varias. Por estes motivos, xa anunciou a súa intención de presentar unha querela contra os tres membros do goberno local.