O trail Castelo de Vitres destinará parte da recadación á repoboación forestal

BOIRO> Máis dun cento de corredores daranse cita na quinta edición do Trail Castelo de Vitres que se celebrará en Boiro o vinte e tres de setembro. Este ano, a proba iniciativa terá un fin solidario. Parte dos fondos recadados destinaranse á repoboación forestal do entorno. Esta carreira de montaña, xurdida a iniciativa dun grupo de amigos amantes do deporte e da natureza, vai camiño xa de converterse en todo un referente na que será a súa quinta edición. Desenvolverase o domingo día 23 a partir das nove da mañá con saída dende a zona dos colexios. O percorrido componse este ano de vinte e catro quilómetros pola ruta do Castelo de Vitres, nun enclave natural de gran beleza. O trail ten este ano un valor engadido grazas á súa vertente solidaria. O concello apoia esta iniciativa economicamente e con numerosos medios para organización e loxística. O alcalde destacou precisamente o valor destas probas que contribúen a dar a coñecer o patrimonio natural do municipio. Os interesados en participar poden inscribirse na páxina web de galitiming ata o xoves día 20. O prezo da cota é de quince euros.