As obras da circunvalación obrigan a derribar unha casa e deixan unha fonte seca

    carril100_310308.jpgVILAGARCÍA > As obras da circunvalación de Vilagarcía provocaron a expropiación dunha vivenda que se atopaba xusto ó carón da fenda aberta …  

    {flowplayer}images/salnes/CARRIL.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > As obras da circunvalación de Vilagarcía provocaron a expropiación dunha vivenda que se atopaba xusto ó carón da fenda aberta para a construción dun viaduto. Ós donos comunicáronlles esta fin de semana que tiñan que deixar a vivenda de xeito urxente ante o perigo de que se derrubase. Ademais, neste lugar de Trabanca Sardiñeira, en Carril, os veciños tamén se quedaron sen a auga dunha fonte, que quedou seca.

    As obras en infraestruturas adoitan traen consigo beneficios para o interese xeral, pero tamén teñen a súa cara negativa, que é a das consecuencias que os traballos adoitan ter nos veciños e propiedades colindantes ás actuacións. Neste caso son as obras da circunvalación de Vilagarcía as que xa provocaron a expropiación dunha vivenda.

    Esta casa, situada na aldea no monte da Trabanca Sardiñeira, en Carril, atópase xusto ó lado dun dos socavóns que se realizaron para levantar un viaduto. Ós seus propietarios comunicóuselles que debían abandonar a casa o venres, e este fin de semana apuraron a mudanza, xa que a noticia os colleu por sorpresa. Sabían que o máis probable e que tiveran que terminar por deixar a casa, pero o cambio do técnico responsable da infraestrutura, así como dos metros de distancia que esta ía gardar coa vivenda precipitou a marcha, ante o temor de que o inmoble se veña abaixo. A cantidade dada a cambio, 206.000 euros, é para o matrimonio propietario da casa, insuficiente e moi por debaixo do valor que ten a vivenda. Resístense facerse a idea de ter que cambiala por un piso.

    O outro lado da fenda, atópase a fonte de Fonteíña, un dos mellores mantiais da Trabanca de Sardiñeira. Aquí as obras da circunvalación tamén deixan ver a súas consecuencias, xa que quedou seca. Ademais, o desvío da auga que antes chegaba ata o manantial non está ben canalizada e chega en forma de lama ata algunhas vivendas.

    Redacción Salnés