Vilagarcía foi víctima esta noite de varios roubos ou tentativas

    VILAGARCIA>Os amigos do alleo frecuentaron esta noite varios locais comerciais e mesmo despachos onde roubaron bolsas de mercancía…

    {flowplayer}images/salnes/roubos_calzados_acosta.flv{/flowplayer}

     … no primeiro e cartos no segundo. Tamén atentaron contra a cristaleira de Calzados Acosta en plena rúa peonil que se prolonga desde a Praza de Galicia. Aquí fixeron catro buratos semellantes ós do impacto de balas pero deixaron a tarefa sen rematar. Luis Acosta, o propietario víase sorprendido pola rotura da luna cando chegou a abrir o negocio.

    E é que a rúa peonil de recente creación trouxo moitas vantaxes para os comerciantes aquí asentados, aínda que a falla de circulación rodada e de iluminación suficiente, facilitan a labor dos amigos do alleo. 

    Estes empresarios piden pois que se remodele esta rúa dotándoa de máis iluminación e que se intensifique a vixilancia policial polas noites, especialmente cando hai grupos de procedencia estranxeira que xa son coñecidos na comarca pola súa acción delictiva.

    Redacción Salnés