Tania García non repetirá como candidata á secretaría xeral do PSOE

    fototaniacopia.jpgVILAGARCÍA> A voceira do grupo socialista ven de ser nomeada secretaria de organización provincial e asegura que quere centrarse nestas dúas tarefas.

    {flowplayer}images/salnes/TaniaCongresoLocal.flv{/flowplayer}

    Unha decisión meditada persoalmente e consultada cos seus compañeiros así o dixo esta mañá Tania García ó anunciar que non se presentará á reelección como secretaria xeral do partido socialista en Vilagarcía. Despois de ser elixida secretaria de organización da provincia e mantendo o seu cargo de voceira do PSOE no Concello, a socialista considera que sería demasiado difícil compaxinar os tres cargos, a pesares de ser cargos compatibles entre eles.

    Durante a súa comparecencia tamén destacou Tania García o traballo levado a cabo durante o tempo no que foi secretaria xeral. Traballo co se conseguiu dinamizar a Agrupación de Vilagarcía sobre todo a través das asembleas.

    A isto, dixo a actual secretaria, súmaselle a maior presenza nos medios de comunicación, sobre todo a través das redes sociais ou a reforma da sede do partido. Malia todo non todo foron momentos agradables, o peor, a perda da alcaldía nas pasadas eleccións.

    Con respecto ó futuro, Tania Gacía dixo que nestes momentos o partido traballa xa para conseguir o mellor candidato posible para a secretaría xeral. A elección farase o este mesmo venres, día 29 e o prazo para presentar candidaturas estará aberto ata o xoves ás oito e media da tarde. Segundo a actual secretaria xeral, as negociacións co sector crítico continúan avanzando e aínda que non quixo dar nomes pero asegurou que se buscará unha persoa que continúe o proxecto que se iniciou hai oito anos.

    Unha persoa que siga unha liña continuista, conciliadora e referenciada, dentro disto, a socialista asegurou que traballará polo candidato que máis apoios consiga.

    Redacción Salnés