CAMBADOS> O concello de Cambados pide colaboración e compresión ao sector hostaleiro polas medidas tomadas polas xunta de seguridade. Dende o goberno local lamentan que o valo dos concertos máis multitudinarios en Fefiñas afecten aos traballo dos establecementos, pero sinalan que é necesario para cumprir coas medidas de seguridade dos eventos. Tamén explican que a limitación dos horarios das barras é vital para que todos os sectores poidan traballar con normalidade.
As festas do albariño levan xa cinco días de concertos e actividades e as cifras de visitantes están sendo de récord. Pero a pesar deste bo dato algúns locais hostaleiros da zona mostraron o seu malestar por algunhas medidas tomadas pola xunta de seguridade, como por exemplo o valo dalgúns concertos en Fefiñáns, o que afectou ás terrazas dalgúns locais hostaleiros e comerciais.
Outra das críticas ten que ver cos horarios das barras, xa que están limitadas só ao horario nocturno e unha vez chegada a hora límite, os hostaleiros teñen que recollelas. Dende o sector piden comunicación ao concello.
Concello e zona centro reuníronse estes días para aclarar os mal entendidos e intentar que as medidas afecten o menos posible ao sector. Dende o goberno local piden aos propietarios colaboración e comprensión.
En canto á retirada das barras, dende o concello sinalan que é a limitación dos horarios é clave para que todos os establecementos hostaleiros poidan traballar con normalidade e para que a veciñanza tamén teña horas de descanso.
Dende o concello quixeron matizar que apoian ao sector hostaleiro e que levan tempo realizando diferentes iniciativas para fomentar a súa actividade, de feito, a festa adiantouse para favorecer o seu traballo. Aínda así, advirten que hai medidas de seguridade que son obrigatorias e por iso piden ao sector colaboración e comprensión.