Vilanova Centro presenta a súa campaña de Nadal

    vilanovacentro100__001.jpgVILANOVA > A asociación de comerciantes de Vilanova Centro presentou esta tarde a súa campaña de Nadal, ….

    …como leva facendo dende hai catro anos. Os comerciantes contaron como é de costume coa colaboración do Concello e da entidade bancaria Caixanova.

    A programación da campaña de Nadal dos comerciantes de Vilanova adiantouse este ano máis do habitual polas malas vendas que o seu sector está a experimentar no que vai de ano. Os comerciantes esperan que coa campaña se poida mellora-la situación. Dende o Concello felicitaron a iniciativa de Vilanova Centro, que xa vai polo seu cuarto aniversario. Tamén quixeron apoia-los comerciantes pola baixada das vendas, e ós compradores á que vaian ás tendas de Vilanova.

    En total son 52 as tendas que forman parte do colectivo, que cada ano vai en aumento. E dende a entidade financieira da campaña, esperan que cada vez poidan ser moitos máis. A novidade da campaña deste ano é o sorteo dun escaparate ateigado de regalos, e que os promotores valoran en preto de 5.000 euros. Os comerciantes repartirán as rifas entre os seus clientes e o sorteo será para o vindeiro 3 de xaneiro. Dende o consorcio de comerciantes do Salnés quixeron destacar a novidade dos premios, entre os que destaca unha televisión de plasma de última xeración.

    Coa campaña de Nadal, Vilanova Centro tamén pretende impulsalo comercio local a facerlle fronte ás grandes superficies, que cada vez lle comen máis espazo ás tendas tradicionais.

    Redacción Salnés