Todo listo para a cita do ano: o ITU Multisport Festival

PONTEVEDRA> O alcalde reuniuse esta mañá con diferentes membros da organización da Federación Internacional e a Española de tríatlon para falar da importancia que supón que un evento de gran magnitude, como é o Multisport, se celebre na cidade de Pontevedra.

Toda a cidade está entregada na celebración do ITU Multisport Festival. E iso repercute nas expectativas que teñen postas tanto a Federación Internacional como a Española de tríatlon no desenvolvemento das diferentes probas.

O alcalde mostrouse moi emocionado e orgulloso ante a celebración desta proba e asegurou que nin o tempo vai a impedir que sexa todo un éxito.

Na reunión previa ao inicio do Multisport estivo tamén presente o vixente campión do Mundo de tríatlon. Pablo Dapena analizou as súas sensacións antes da carreira e agradeceu os cambios que se realizaron a última hora en dúas curvas do percorrido do circuito.

Dapena asegurou que tanto el, como Javi Gómez Noya e Saleta séntense apoiados pola cidade e agora, a unha semana de que se celebre a súa gran proba soamente queda…