As familias xitanas aseguran que deixaron Monte Porreiro por medo

    sinaigimenez100_010408.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá prestaron declaración ante o fiscal as tres familias de O Vao e o presidente da asociación Pueblo Gitano, Sinaí Gimenez, …

    {flowplayer}images/salnes/xitanosxulgado.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Esta mañá prestaron declaración ante o fiscal as tres familias de O Vao e o presidente da asociación Pueblo Gitano, Sinaí Gimenez, tralas denuncias presentadas polo colectivo contra dous directivos da asociación veciñal O Mirador. O conflito polos realoxos pasa deste xeito ós xulgados. Onte xa prestaron declaración os dous veciños do barrio imputados polo fiscal xefe de Pontevedra.

    Un representante de cada unha das tres familias realoxadas en Monte Porreiro prestaron declaración ante o fiscal xefe da Audiencia de Pontevedra para dar contar dos motivos que levaron á asociación Pueblo Gitano a denunciar a dous veciños do barrio pontevedrés. Acúsanos dos delitos de coacción, ameazas e contra os dereitos fundamentais das persoas.

    As familias xitanas de O Vao aseguran que nos días das protestas máis intensas contra os realoxos, os veciños de Monte Porreiro lle propinaron insultos, ameazas e mesmo danos contra os seus automóbiles e as tres vivendas do barrio onde foran instaladas. Tamén din que deixaron Monte Porreiro por medo.

    Os dous imputados neste caso, son os dirixentes da asociación veciñal O Mirador, Ángel Mario Lago e Xosé Manuel Dopazo. Xa prestaron declaración onte, e negaron as acusacións, asegurando que tódalas mobilizacións realizadas a través da asociación foron celebradas ante as administracións e nunca contra as familias xitanas.

    O que tamén foi denunciado pola asociación, pero non se chamou a declarar, foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. A investigación continúa agora o seu curso e o fiscal xefe non descarta chamar a declarar a máis xente, ben en calidade de testemuñas ou de imputados.

    A raíz das denuncias das familias xitanas, a ONG Amarante aproveitou esta mañá para pedirlle ós veciños de Monte Porreiro que se desmobilicen. Mentres, a tenente de alcalde e edil do grupo socialista na cidade, Teresa Casal, saíu á defensa da asociación de veciños, malia que lles pediu que desconvoquen a concentración que teñen prevista para este venres, na xuntanza que manterán esta tarde.

    Redacción Salnés