O executivo sonense deseña un centro de interpretación para Baroña

    PORTODOSON> O seu custe ascendería a máis dun millón de euros que poderían ir con cargo a fondos europeos a través do Grupo de Acción Costeira. Trátase dun proxecto que dende hai tempo vén barallando o executivo sonense, construír un novo centro de interpretación nas inmediacións do xacemento. Trátase dun enclave singular, un dos principais emblemas do concello e por extensión de toda Galicia, que recibe unha media anual de cen mil visitantes. Razóns máis que suficientes para o equipo de goberno para levalo a cabo. A construción deste edificio, que estaría dividido en varios módulos, permitiría poder desenvolver no propio xacemento outras actividades complementarias á visita en si, a través de exposicións e outros contidos poder interpretar como era o asentamento ou as persoas que alí vivían. En definitiva tratar de fixar ós visitantes para que permaneza o máximo de tempo posible no municipio. O alto custe do proxecto, por riba do millón de euros, fai que o concello estea na busca de financiamento. A súa intención pasa por incluílo na nova convocatoria dos Grupos de Acción Costeira.