Ribeira renderá homenaxe ó colectivo de mulleres artistas co gallo do 8M

RIBEIRA> As concellerías de Cultura e Igualdade deseñaron un amplo programa para celebrar o mes da Igualdade. Ademais do acto institucional en homenaxe ás mulleres artistas que se celebrará o propio 8M desenvolveranse actividades ó longo de todo o mes.

O Marzo de Igualdade achegará ata o concello de Ribeira unha chea de actividades que xirarán sobre a muller e o feminismo. As concellerías de Cultura e Igualdade deseñaron este programa conxunto que terá como actividade central o acto institucional do 8 de marzo dedicado ó colectivo de artistas.Inserto

Precisamente, algunhas das homenaxeadas serán as artistas que participan na exposición colectiva EmpoderArte que abrirá a programación do marzo de Igualdade o venres día 1 no Centro Cultural Lustres Rivas. Seguiranlle propostas teatrais, contacontos, presentacións literarias…así ata completar un amplo programa que se pechará coa proxección do documental Nación o día 27 de marzo.

Ó longo de todo o mes, a concellería de Igualdade desenvolverá tamén actividades de concienciación en colaboración cos centros educativos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí