Portos premia a tres empresas responsables de obras no Barbanza

    portosseguridade_100_010408.jpgBARBANZA > Portos de Galicia premiou os Plans de seguridade e sáude aplicados nas obras portuarias realizadas en Rianxo e Portosín.

    {flowplayer}barbanza/portosseguridade.flv{/flowplayer}

    A entidade Portos de Galicia vén de instituír este ano a primeira edición dos “Premios á seguridade e saúde nas obras de Portos de Galicia”. A entrega destes galardóns tivo lugar o pasado mes de marzo en Santiago.

    A empresa Acciona Infraestruturas fíxose co primeiro premio polos traballos de construcción de departamentos para usuarios levados a cabo no peirao de Rianxo. A UTE Portosín (Ayora-Comsa) obtivo o segundo galardón pola ampliación do peirao de Portosín e en terceiro lugar quedou Construcciones Aldesa pola actuación de mellora de abrigo en Rianxo.

    Prevención de riscos

    O obxecto destes premios, que a partires de agora terán carácter anual, é recoñecer o traballo das empresas que participan nas obras portuarias desenvolvidas por Portos de Galicia e a súa actitude e comportamento cara a prevención de riscos laborais, e polo, cara a seguridade e sáude no traballo.

    No período 2006-07, os técnicos de Portos analizaron un total de 60 obras desenvolvidas polo organismo publico nas instalacións portuarias de titularidade autonómica. Ademáis, mediante unha labor de consultoría encargada polo organismo portuario, realizouse un seguimento exhaustivo dos traballos realizados polas empresas contratistas no que atinxe a aspectos relacionados co cumprimento dos Plans de seguridade e saúde.

    Redacción Barbanza