Arranca a veda do polbo na ría de Arousa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/inicio_veda_polbo_1905161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/19/inicio_veda_polbo_190516.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> Péchase así unha campaña irregular en canto ós períodos de capturas aínda que moi satisfactoria no cómputo global. A partir deste venres día 20 non se poderá pescar polbo en augas galegas. A veda prolongarase ata o día catro de xullo. O resultado da campaña que pecha é moi satisfactorio grazas ó incremento das capturas especialmente dende o mes de xaneiro. Tamén ó longo deste ano se notou unha suba da cotización, cun prezo medio que supera os seis euros o quilo. Finalmente a veda terá unha duración de mes e medio tras consensualo entre as distintas federacións provinciais. Inicialmente xurdira certo desacordo posto que algunhas confrarías suxerían incrementala ata dous ou mesmo tres meses. Ribeira opúxose dende un principio a unha veda tan prolongada dado o gran número de embarcacións que dependen desta especie.