O BNG de Noia reclama a mellora urxente da contorna da hidroeléctrica do Tambre

NOIA> Este é o lamentable estado que presentan actualmente as pasarelas que integran parte da senda peonil existente a carón do río Tambre debido a súa falla de mantemento.

O BNG fíxose eco das propias queixas dos usuarios que habitualmente acoden ó lugar, polo que decidiu presentar unha iniciativa plenaria solicitando a súa mellora urxente.

Ademais do risco que pode acarrear para os usuarios, representa tamén unha mala imaxe para o municipio, ó tratarse dun espazo singular, de gran beleza paisaxística, e un das lugares máis visitados da contorna.

Os nacionalistas fan alusión tamén á necesidade de poñer en valor o centro de interpretación da lamprea alí existente, cun horario máis amplo de apertura, principalmente na temporada estival, para que poida ser tamén visitado.

O BNG noiés pide tamén instar á  Xunta a que poña en marcha un programa de recuperación da biodiversidade do río, con especial atención á poboación de lamprea.