Propoñen destinar un millón de euros para a sede do Club de Remo e a nova biblioteca

RIBEIRA> O BNG dlevará ó pleno do vindeiro luns unha proposta que busca destinar un millón de euros para a construción da nova sede do club de remo e tamén para a nova biblioteca. Os nacionalistas critican a parálise do equipo de goberno con estes dous proxectos.

O BNG denuncia a situación do club de remo, que non conta cun local axeitado para poder desenvolver a súa actividade coma debera, cunhas instalacións moi deficientes con goteiras, humidades, e mesmo sen vestiarios.

Os nacionalistas proporán tamén ó pleno avanzar na construción da nova biblioteca para dotar ó municipio dunha instalación cultural axeitada ás demandas actuais.

Unha solicitude esta, feita polos nacionalistas, que non tardou en ter resposta polo equipo de goberno. O alcalde, Manuel Ruíz, sinalou que, en ningún caso, o Concello ten estes dous proxectos paralizados a capricho.

Segundo el, os dous estaban ligados á venda do matadoiro municipal. Ó non producirse, o Concello nos dispón dos fondos necesarios para levalos adiante. De aí que a única posibilidade que existe é que se inclúan no futuro documento orzamentario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí