Aires renovados para a nova edición da Feira do Comercio de Noia

    NOIA> A actividade, organizada por Noia Histórica, terá lugar xa esta fin de semana, de venres a domingo, no pavillón polideportivo municipal. Trátase dunha das feiras do comercio máis senlleiras das que se celebran na comarca. Con máis de catorce edicións ás súas costas, Noia Histórica, entidade organizadora, decidiu este ano introducir algunha que outra novidade para darlle un aire renovado. Outra das novidades será a disposición dos stánds da feira, que volve novamente ó pavillón municipal, contando ademais con servizo de ludoteca e cafetería. Durante os días de apertura tamén haberá varias demostracións de empresas convidadas para facer máis atractiva a feira. Unha de robótica e impresión en 3D e outra de estética. A iniciativa comercial conta co apoio da Xunta, da Deputación e tamén do Concello, dende onde ven con bos ollos este tipo de actividades. A inauguración oficial da feira será este próximo venres ás cinco da tarde. Durante a fin de semana permanecerá aberta entre a dez e media da mañá e as nove e media da noite. En total serán 23 comercios participantes nesta edición de sectores tan variados como a moda, o calzado ou a xoiería.