BOIRO> O concello de Boiro está a acometer a renovación das beirarrúas no paseo de Barraña ante o mal estado que presenta esta infraestrutura. Polo momento, xa se ten iniciado a primeira fase na zona do Peralto cun investimento de dezasete mil euros. O paseo de Barraña, inaugurado xa en 1985, presenta na actualidade unha serie de deficiencias que poñen en risco a seguridade dos usuarios. Por esta razón, o executivo decidiu acometer a renovación das beirarrúas, cunha primeira fase no inicio do paseo que xa está a piques de concluír. A intención do executivo é dar continuidade ó proxecto coa renovación de todo o paseo ata Praia Xardín. Trátase dunha obra que presenta complicacións técnicas xa que é preciso conter as raíces das árbores do paseo, coa construción dun murete, para evitar que acaben por levantar o pavimento.
Inicio Barbanza - Muros - Noia











