Arranca a campaña marisqueira en Noia con menos capturas das agardadas

NOIA> Ó redor de mil cincocentos profesionais iniciaron este luns a campaña marisqueira en Noia. Fixéronno rodeados de estritas medidas de seguridade por mor do coronavirus. A xornada desenvolveuse con total normalidade aínda que as primeiras impresións apuntan á escaseza de berberecho.

As colas esta mañá na lonxa de Testal eran máis longas do habitual. As restricións impostas polo covid marcarán unha campaña que arrancou con menos marisco do previsto.

Nesta xornada inicial, houbo a quen lle custou apañar o tope de vinte quilos de berberecho. Menos traballo custou coa ameixa, especialmente a xapónica. Estas primeiras impresións fan augurar unha campaña máis modesta ca do ano pasado con récord facturación.

Aínda así, os mariscadores confían en que a alta demanda favoreza a cotización do marisco e a campaña se poida desenvolver con relativa normalidade tal e como aconteceu esta mañá. As medidas de seguridade respectáronse en todo o momento co control de temperatura, a instalación de xel hidroalcólico e a distribución de espazos para garantir as distancias entre mariscadores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí