Os comercios de Boiro abrirán ata as once da noite

    BOIRO> É unha iniciativa da Asociación Boirense de Empresarios para incentivar as compras despois da praia.

    Co obxectivo de dar un empuxe ó comercio durante a temporada estival, a Asociación Boirense de Empresarios propón cambiar o horario dos negocios da localidade, PARA captar máis clientes tras as horas de praia. É unha experiencia piloto, e farase durante catro sábados seguidos. De saír ben, o vindeiro ano optarase por cambiar a rutina desde o comezo do verán. Polo momento hai vinte comercios inscritos pero a lista pódese ver ampliada durante a próxima semana. Ademais, a asociación disporá de numerosas actividades para o público infantil e xuvenil, nas rúas máis céntricas para incentivar ás compras. A vindeira semana publicaranse folletos con toda a información sobre os comercios participantes, así como as actividades que se van a realizar durante os sábados da proba piloto.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/abeampliacionaperturahorarionegocios1807141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/abeampliacionaperturahorarionegocios180714.mp4{/flowplayer}