O ocio nocturno agarda as probas piloto da Xunta coa esperanza de poder traballar no verán

VILAGARCIA> Os hostaleiros do ocio nocturno valoran de forma positiva as probas piloto que a Xunta estuda implanta para reabrir o sector. Os traballadores afirman que os seus locais son seguros e piden á xente responsabilidade individual. Agardan que a reapertura se faga de forma escalonada e sen retrocesos.

A Xunta de Galicia estuda as posibilidades para reabrir o ocio nocturno. O sector leva pechado dende agosto de 2020 e o seu futuro continua sendo unha incógnita. Para arroxar algo de luz, a Xunta traballa con sanidade e o sector para a realización de probas piloto para comprobar as seguridades nos locais.

Dende o sector sinalizan que os seus establecementos son seguros e que a solución depende da responsabilidade individual de cada persoa. Consideran que poden ser parte da solución evitando os descontrois das festas privadas.

Despois de máis dun ano sen case traballar, o sector está moi tocado. Os locais reciben axudas pero advirten que en moitos casos non son suficientes.

Agardan que estas probas piloto sexan o inicio da desescalada, que se tomen medidas con criterio e non dar pasos atrás.

As esperanzas do sector están todas postas no verán.

Os hostaleiros do ocio nocturno lamentan que a situación obrigase a moitos compañeiros a pechar os seus negocios. Tamén advirten que de seguir sen abrir outros sectores como os da cultura tamén pagarán as consecuencias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí