A Volta ó Salnés será a proba estrela da Copa Deputación

ciclismo250_010408.jpgSALNÉS > Xa se presentou o calendario da Copa Deputación deste ano. A competición estará composta por dezaseis probas, mais do triple do ano pasado e o prato forte, coma sempre, será a Volta ó Salnés.

A Copa Deputación, trofeo organizado pola Federación Galega de Ciclismo, continúa a medrar ano a ano en repercusión mediática e deportiva. Este ano serán dezaseis as probas que se disputan superando notablemente o número do ano pasado, cando tan só foran cinco.

A Volta ó Salnés será de novo referente, unha proba que cumple nesta edición vinteún anos.

As carreiras comezarán xa esta fin de semana para categorías base pero para disfrutar do prato forte haberá que agardar ata a vindeira fin de semana, cando comecen as probas en categoría elite e sub-23.

A primeira en disputarse será a Volta ó Baixo Miño-Val Miñor, o vindeiro sábado día 12 á que seguirá o domingo a Volta ó Mórrazo e Río Verdugo. O 18 de maio será a Volta ó Condado e a devandita Volta ó Salnés dispuatarase o vindeiro día 31 de maio. A organización ten previsto para ese día contar coa presencia de ata doce e quipos, seis galegos e outros tantos chegados dende Portugal.

Hai que resaltar tamén a inclusión na Copa Deputación do Trofeo Sanxenxo, que o pelotón correrá o 11 de maio.

Redacción Salnés