Monte Porreiro suspende a marcha do venres para rebaixar a tensión no conflito

    asembleamonteporreiro_100.jpgPONTEVEDRA > Os veciños de Monte Porreiro suspenderon a manifestación que tiñan prevista para este venres. Foi na asemblea celebrada onte pola noite, …

    … e na que os afectados polos realoxos das familias xitanas de O Vao quixeron amosar con esta decisión a súa vontade de colaboración coa administración na solución do conflito.

     A decisión tomada polos veciños é para eles unha mostra da súa vontade de colaborar na solución do conflito xurdido tralos realoxos. Non levarán a cabo a manifestación prevista para este venres pero non descartan que poidan volver a adoptar medidas de presión, se nun futuro non se pon fin o problema. Así e todo, acordaron que o cese definitivo das mobilizacións o decidirán mañá, cando se reunirán con representantes da Xunta en Vigo. Será nas mesas de diálogo postas en marcha pola Vicepresidencia, coas que se pretenden resolver os problemas coas familias xitanas de O Vao.

    Con todo a súa desmobilización é un síntoma do seu desexo de rebaixar a tensión xerada nestes días, nos que Angel Mario Lago e Xosé Manuel Dopazo, voceiros da asociación O Mirador, tiveron declararon en calidade de imputados tralas denuncias postas polas tres familias xitanas realoxadas no barrio. As actividades da asociación, que volveu a sinalar que o seu único obxectivo foi o de loitar contra a creación de guetos no seu barrio, continuarán a través da campaña de recollida de sinaturas que van a prol da erradicación dos poboados marxinais e da tolerancia.

    Mentres a fiscalía de Pontevedra vai continuar coas dilixencias informativas con máis declaracións para esclarecer se existiu ou non algún tipo de delito nas mobilizacións realizadas polos veciños de Monte Porreiro ante as vivendas das familias xitanas procedentes de O Vao.

    Redacción Salnés