Investigan a un noiés por unha plantación de marihuana

NOIA> A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia investigou a un veciño da localidade ó que lle atoparon unha plantación de marihuana nuns invernadoiros da súa propiedade, a carón da súa vivenda.

Foi unha chamada anónima dun particular o que dou pé á investigación que permitiu localizar a dita plantación.

Os axentes do Instituto Armado tiveron que solicitar a correspondente autorización xudicial para poder acceder á finca e, unha vez alí, puideron comprobar a existencia de varias plantas de cannabis con abundante floración, procedendo a su tala e traslado a dependencias oficiais.

O peso do material incautado roldaba os 14 quilos.