Retómanse as vacinacións de Astrazeneca na área Santiago-Barbanza

BARBANZA> A área sanitaria Santiago-Barbanza retomou tamén as vacinacións de Astrazeneca unha vez confirmados os estudos que mostran que a vacina é segura.

Despois do parón, unha vez que os estudos realizados confirmaban que a vacina de Astrazeneca é segura, a área sanitaria Santiago-Barbanza retomou tamén a súa distribución.

Dende onte pola tarde as vacinacións estanse a realizar a aqueles grupos de idade ós que se lles estaba administrando antes do parón. Trátase principalmente de persoal sanitario e sociosanitario que estaba pendente, forzas e corpos de seguridade  e tamén profesorado.

A intención do SERGAS pasa por ir incorporando ó proceso de vacinación ós menores de 65 anos  ó ritmo que vaia marcando a chegada das vacinas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí