Louzán inaugura o I Encontro do Comercio

    comercio_dep_100.jpgCAMBADOS > A Deputación de Pontevedra inaugurou hoxe en Cambados o I Encontro do Comercio, un punto de encontro para

    … os representantes das asociacións comerciais da Provincia no que os asociados poidan poñer en común, reflexionar e expoñer as súas demandas e necesidades. Logo desta posta en común, o ente provincial elaborará un plan estratéxico cos datos recollidos, para intentar mellorar a situación deste sector, o segundo en xeración de emprego da provincia.

    Ademais do presidente provincial, nesta primeira xornada tamén interviron o presidente da Asociación de comerciantes da localidade barcelonesa de Garnollers, Amadeo Barbany, e 10 representantes das 70 asociacións pontevedresas de comercio; como é o caso do representante do Concello anfitrión, Marcos César González, quen avogou pola formación, a comunicación e a axuda das administracións para favorecer ó comercio local.

    Con esta clara alusión ó conflicto xerado en torno á celebración do campionato de Tiro ó Pombiño da Toxa, deuse paso ós presidentes e representantes doutras asociacións, que sinalaron, entre outras, a necesidade de traballar a prol da conciliación da vida familiar e laboral dos traballadores do comercio.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.