Vilalonga e Céltiga lévanse os derbis do Salnés

futbol250_070408.jpgVILAGARCÍA > Esta fin de semana deixounos dous derbis do Salnés, con doble victoria para os equipos locais. Céltiga e Vilalonga impuxéronse sen demasiados problemas a Portonovo e Arousa.

Paso de xigante para o Céltiga de cara a salvación tras gañar onte a un rival directo como a Portonovo. A ledicia puido ter sido maior se no último minuto o árbitrro non sinalase un discutido penalti na área local e que lle servíu ó Portonovo para mante-lo golaverage a favor e para continuar por encima dos da Illa.

O encontro non foi bonito, sobre todo na primeira metade no que non houbo practicamente ocasións ata o minuto 35, cando Tavi poñía en vantaxe o Céltiga cun gran disparo dende fóra da área.

Na segunda mellorou algo o espectáculo cando Piscis decidíu introducir a Seixo e Turu nunha clara mensaxe de que ían a polo partido. Pero sería o Céltiga o que atopase o segundo tanto, a dous para ó final, cando Manuel resolvía ben unha contra. Despois chegaría o penalti transformado por Miguel no 94. Ó final 2-1 e ambos equipos quedan empatados a puntos, con cinco de vantaxe sobre o descenso que agora marca o Negreira.

No outro derbi, non houbo tanta historia. O Vilalonga venceu e convenceu diante do Arousa por 3-0. Se hai unhas semanas semellaba imposible que os de Josiño Abalde se meteran na loita por entrar no playoff de ascenso, os picazos dos conxuntos de arriba nas últimas xornadas, os coloca agora a tan só tres puntos do cuarto posto, máis preto que nunca. Aitor e Iago, na primeira metade, e Adrián a dez para o final, foron os autores dos goles celestes.

Destacar en Preferente Autonómica, a meritoria victoria do Unión por 1-0 diante líder Gran Peña do e a derrota do Ribadumia ante o Rápido de Bouzas B por 2-1.

Redacción Salnés