A II Feira do Automóbil Antigo homenaxea ós seus creadores

    feiraautomobilantigo100_070408.jpgPONTECESURES > Moitos dos que se achegaron onte a Pontecesures puideron observar de preto vellas xoias do automóbil.

    {flowplayer}images/salnes/feiraautomobilantigo.flv{/flowplayer}

    PONTECESURES > Ademais do arrecendo dos fogóns da lamprea, onte en Pontecesures respirouse moita nostalxia. Na explanada portuaria instalouse unha exposición de vellas xoias sobre rodas, grazas á iniciativa da asociación cultural Mirándolle os Dentes. Trátase da segunda edición da Feira do Automóbil Antigo. Vén a ser a continuación daquelas celebradas en 1925 e 1926, as primeiras de coche de ocasión celebradas en España e que logo se repetiron en 1950 e 1954.

    Esta segunda feira foi inaugurada por Olga Escuredo e Rafael Sierra, filla e neto de dous dos pioneiros, que viñeron expresamente á feira desde Alemaña. Tamén se lle rendeu homenaxe á familia Pazó Olmedo de Pontevedra, os donos do Renault Proder PO-02, exposto nun pedestal de ladrillo, réplica do construído en 1925. Deles tamén foron as bicicletas de época. Na exposición tamén destacou un camión de bombeiros de 1912, cedido polo Corpo de Bombeiros do Concello de Santiago.

    Pero no só houbo exposición. A cita de onte foi unha boa ocasión para comprar e vender vehículos e accesorios, e houbo negocio.

    Redacción Salnés