O BNG non apoiará os orzamentos do PSOE

    VILAGARCÍA> En Vilagarcía mañá o alcalde reunirase cos grupos da oposición para falar dos orzamentos para o 2016. A intención é fixar unha data para o pleno no que se abordará esta cuestión, na que parece que ao goberno lle será difícil reunir apoios para sacar adiante as súas contas. Hoxe o BNG adiantaba que, tendo en conta o borrador, non apoiarán o proxecto. 

     

    Os Orzamentos para o 2016 do Partido Socialista están lonxe de conseguir o apoio do BNG. Así o asegurou esta mañá o voceiro nacionalista.

    Aos concelleiros nacionalistas preocupa especialmente os escasos fondos que se destinan ao fomento do emprego e a potenciar os sectores produtivos. Unha aposta básica para eles.

    Tampouco convencen os 200 mil euros orzamentados para a reforma dos centros sociais e culturais, a contía destinada ao mantemento de instalacións deportivas, ou os 1.000 euros dedicados á normalización lingüística. Ademais, botan en falta partidas para fomentar a compostaxe ou as axudas ao comercio, e ven demasiadas semellanzas coas contas do goberno anterior.

    O Partido Popular tamén ve ecos das súas contas no borrador presentado polos socialistas. Segundo Tomás Fole, o goberno de Alberto Varela estase a beneficiar da situación saneada que deixou o seu equipo.

    Así as cousas, aprazou o pronunciamento do Partido Popular sobre o contido das contas.