VILAGARCÍA> Inaugúrase en Vilagarcía a exposición “Heroes ocultos”. Unha mostra composta por trece obxectos que foron creados fai décadas pero que seguimos utilizando a día de hoxe de forma cotiá. A exposición estará aberta ata o 26 de xullo.
Tódolos días utilizamos obxectos que seguramente, a maioría, non sabemos cando se crearon, como se inventaron ou cales son as súas condicións técnicas de fabricación que fan que pasen as décadas e sigan no noso día a día. A fundación “la caixa” coa colaboración do Concello de Vilagarcía recolle trece destes obxectos nunha exposición titulada “heroes ocultos, inventos xeniais, obxectos cotiás”.
A exposición mostra a través dos obxectos, imaxes e vídeos a innovación, a produción, a evolución e a inspiración destes clásicos cotiás.
Dende o concello destacan a curiosidade dunha exposición que mostra grandes ideas reflexadas en pequenos elementos que nos melloran a vida.
A mostra estará aberta ata o 26 de xullo de luns a domingo e as 12 do medía e as 7 da tarde haberá visitas guiadas.