Pontecesures esgota máis de 1.200 racións na Festa de lamprea

    lamprea100_070408.jpgPONTECESURES > Unhas 6.000 persoas achegáronse onte a Pontecesures. A principal protagonista foi a princesa do Ulla, a lamprea.

    {flowplayer}images/salnes/lamprea.flv{/flowplayer}

    PONTECESURES > Unhas 6.000 persoas achegáronse onte a Pontecesures. A principal protagonista foi a princesa do Ulla, a lamprea. O Concello celebrou a décimo terceira edición desta cita gastronómica. Antes de dar comezo á degustación, as autoridades visitaron a cociña. A alcaldesa Maribel Castro estivo acompañada do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e do delegado provincial de Medio Rural, Gonzalo Constenla, que tiveron logo oportunidade de probar este manxar.

    Xa nos discursos, a rexedora agradeceu a labor dos valeiros, os pescadores de lamprea, e animou ós presentes a degustala. O pregoeiro desta edición foi o historiador Xosé Lois Ladra Fernández, quen lembrou que a lamprea non só apareceu en moitos libros e mesmo nun programa de radio, senón que antigamente foi un manxar exclusivo da nobreza e do clero.

    E ben que lle fixeron caso as seis mil persoas, que o Concello calcula que se achegaron onte a Pontecesures. A organización serviu máis de 1.250 racións, a doce euros cada unha. Preparáronse máis de 300 lampreas ó xeito tradicional, á bordelesa, é dicir, cociñada no seu propio sangue, e acompañada de arroz e picatostes. Por primeira vez servíronse tapas de lamprea a 2,5 euros, e parece que tiveron tamén bastante éxito.

    A carpa situada na zona portuaria rexistrou un cheo total e as longas ringleiras para facerse cunha ración foron constantes durante o mediodía e desbordaron as previsións da organización. O resultado parece que foi bo e ofrece bisos de que a festa acade a declaración de Interese Turístico de Galicia, un dos grandes obxectivos do goberno local para vindeiras edicións.

    Redacción Salnés