Coñecer Portonovo en dúas horas

    itinerarios copia100.jpgSANXENXO> O concello pon en marcha visitas guiadas que poñen en valor a cultura pesqueira de Portonovo e as costumes e tradicións.

    {flowplayer}images/salnes/ItinerariosTuristicosPortonovo.flv{/flowplayer}

    A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González foi a encargada de inaugurar esta mañá o Itinerario Turístico. Fíxoo cunha ruta demostrativa na que ela mesma puido desfrutar do que serán estas visitas guiadas que tratarán de achegar ó visitante a historia, as tradicións máis importantes de Portonovo. Vila mariñeira por excelencia.

    Esta é unha iniciativa posta en marcha por Turismo de Sanxenxo en colaboración con distintos colectivos da vila, entre eles a Confraría de Pescadores de San Roque.

    As visitas teñen unha duración hora e media ou dúas horas e poderán facerse en horario de mañá ou de tarde. Coñecer o Mercado de Abastos, o Porto Deportivo, a propia Confraría de Pescadores ou mesmo presenciar a subasta o peixe ou asistir ás explicacións dos aparellos de pesca. Actividades todas elas de interese tanto para os turistas como para os veciños da vila.

    A visita inclúe ademais a degustación dun pincho elaborado con produtos do mar.

    Redacción Salnés