O Deiro acada un ascenso tan agardado coma pelexado

sanmiguel250_080408.jpgVILANOVA > O San Miguel de Deiro vivíu esta fin de semana seu particular momento de gloria tras acada-lo ascenso a Segunda Autonómica. Os vilanoveses enfrontábanse no Monte da Lomba ó Bamio, gran rival durante toda a temporada. Vencer significaba o ascenso, e venceron.

{flowplayer}images/salnes/ascensosanmiguel_070408.flv{/flowplayer} 

Un solitario tanto de Joaquín no minuto 15 da segunda metade deu unha victoria importantísima para o San Miguel de Deiro, que escribíu unha das páxinas máis gloriosas na historia do club.

O rival era o Bamio, segundo clasificado que se gañaba colocábase primeiro; por iso viuse un partido cheo de tensión, intensidade de xogo pero sempre dentro dunha deportividade exemplar.

Ó final 1-0 para os locais, victoria e ledicia para un Deiro que buscaba este obxectivo dende hai tempo e agasallo para unha afección que onte encheu as bancadas e apoiou como nunca ó seu equipo.

O Deiro foi deseñado para acada-lo ascenso e así o fixo. Entre o platel xa se fala de tratar de buscar o vindeiro ano o salto a Primeira, aínda que o obxectivo será mante-la categoría e asentarse nela. Ademais, a continuidade do técnico e de moitos dos xogadores aínda está no aire.

Agora é momento de desfruta-lo acadado e agardar a que remate a temporada cun último partido intrascendente en Armenteira no que o técnico Ricardo Dios pretende darlle minutos ós xogadores que menos disfrutaron deles durante a presente temporada.

Redacción Salnés