Pontearnelas acollerá do 25 ó 27 de xullo unha Feira Medieval

    pontearnelas100_080408.jpgSALNÉS > Pontearnelas acollerá en xullo unha feira medieval. Ribadumia, Cambados e Vilanova …

    … organizan esta primeira edición coa intención de poñer en valor este lugar, a súa historia e o seu entorno.

    A Feira celebrarase do 25 ó 27 de xullo, coincidindo coa festa de Santa Marta, polo que se agarda atraer a milleiros de persoas de todo o Salnés e da provincia. Os tres concellos coordináronse para crear unha programación atractiva e iniciarán os primeiros contactos cos artesáns para que participen nesta feira. Para a ocasión, Pontearnelas engalanarase como se estivese na Idade Media. Os tres concellos esperan que sexan moitos os artesáns e as persoas que se interesen por participar nesta primeira feira medieval para poder darlle continuidade.

    Os representantes municipais lembran que Pontearnelas se está a converter nos últimos anos nun lugar de referencia pola súa riqueza patrimonial e a súa beleza paisaxística. Un entorno que tanto os tres concellos como a Deputación de Pontevedra están a recuperar con zonas verdes, coa rehabilitación da ponte dos padriños ou coa creación da nova Ponte de Santa Marta.

    Redacción Salnés