Os afectados polo vial do Porto cobrarán este ano

    VILAGARCIA> Os veciños de Sobradelo poderían cobrar este ano as indemnización polas expropiacións dos seus terreos cando se acometeu…

    {flowplayer}images/salnes/afectados_vial_porto_con_fole.flv{/flowplayer}

    … o vial de acceso ó Porto de Vilagarcía. Esto será posible grazas a reserva nos orzamentos do Estado de 600 millóns de euros para este tipo de obrigas do Ministerio de Fomento. Esta foi a nova que o rexedor de Vilagarcía, Tomás Fole, ven de darlle ós veciños afectados; ós que amais ratificou o compromiso da Ministra, Ana Pastor con esta causa.

    E é que os menos de vinte afectados que quedan por cobrar no lugar de Sobradelo queren rematar con esta débeda; pedindo que se lle abonen, canto antes, tanto os cartos das expropiacións como dos intereses xerados polos mesmos.

    Esta cuestión xa foi levada a pleno en reiteradas ocasións.Ante esta situación de inquedanza, os veciños veñen de reunirse co rexedor vilagarcián para coñecer como evolucionan as súas xestións co Goberno Central. Fole asegura que mantido reiteradas comunicacións co Ministerio de Fomento onde, ademais de amosar o seu interese pola pronta solución deste conflicto, o Alcalde pediulles que se acometan na zona outras obras compensatorias para paliar a afección deste vial; como as melloras das servidumes ou a instalación de pantallas acústicas.

    Redacción Salnés