Urovesa finaliza a formación da primeira quenda de traballadores no seu centro de formación

VALGA> Urovesa, no concello de Valga, inaugurou hoxe o novo centro de formación das súas instalacións. O acto estivo encabezado polo presidente da Xunta. Alfonso Rueda destacou a importancia de que as empresas aposten pola formación de talento novo no emprego.

As instalacións de Urovesa, en Valga, contan xa cun novo centro de formación. Hoxe foron inauguradas nun acto presidido polo presidente da Xunta de Galicia.

Tamén neste acto entregáronse os diplomas aos estudantes que remataron a primeira edición dos cursos financiados pola Consellería de Emprego. Accións dirixidas a apoiar nas empresas unha formación á carta dos perfís que precisen cun compromiso de contratación.

Alfonso Rueda puxo en valor, ademais, o bo momento de internacionalización das empresas galegas.

Non en van, o 2023 foi un novo ano récord no que as exportacións de Galicia superaron por primeira vez os 30 mil millóns de euros.