SALNÉS> Novo récord de visitantes para a Ruta do Viño Rías Baixas. Durante o 2017, máis de 115.000 visitantes escolleron este itinerario, máis dun 13% máis que no 2016. Ademais, Rías Baixas convértese na sexta Ruta do Viño de España que rexistrou maior número de enoturistas en adegas.
Durante o 2017, máis de 115.000 visitantes escolleron a Ruta do Viño Rías Baixas. Os datos presentados por ACEVIN supoñen un incremento de máis dun 13% para a asociación galega, continúa batendo récords.
Os éxitos para Rías Baixas non rematan aí. A Ruta do Viño tamén se converte na sexta de España cun maior número de enoturistas en adegas. Durante o 2017 atraeron a máis de 110.000 visitantes. No caso dos museos do viño, superaron as 5.000 visitas.
Outro aspecto que analiza o informe de ACEVIN é o impacto económico do sector enoturístico. En Rías Baixas o gasto medio por visitante a adegas é de máis de 15 euros, o que suporía un ingreso total de máis dun millón 600 mil. Unha cifra que non ten en conta a influenza noutros sectores turísticos da súa zona.
Os visitantes nacionais seguen superando aos estranxeiros. Case un 13% dos visitantes que escolleron a Ruta do Viño Rías Baixas no 2017 foron estranxeiros. É dicir, máis de 14.600 visitantes procedían de fóra do país, mentres que 100.000 eran españois. Algo que deriva en gran medida do esforzo pola internacionalización realizado dende as adegas.
Ademais, o perfil do entoruista que escolle Rías Baixas é moi variado.
A pesares destes bos datos, a Ruta do Viño Rías Baixas non se conforma. Lorena Varela asegura que aínda hai moito que medrar, e ten claros os deberes da asociación: a promoción.
Un abano moi amplo de posibilidades que a asociación e os socios queren continuar a promocionar. Por iso preparan unha importante axenda de actividades para dar a coñecer os aspectos máis descoñecidos da Ruta do Viño Rías Baixas.