A ILLA> A asociación de empresarios da Illa de Arousa realiza o primeiro sorteo da campaña merca na Illa. O premio consiste en 800 euros en vales compra repartidos entre catro agraciados. Para os empresarios esta promoción é vital para incentivar as compras nos negocios locais.
A asociación de empresarios da Illa de Arousa volveu poñer en marcha a campaña Merca na Illa. Unha promoción mediante a cal, os negocios asociados da vila realizan un sorteo mensual de 800 euros en vales compra entre os seus clientes. Hoxe tivo lugar o primeiro dos sorteos.
Con esta promoción, os empresarios conseguen incentivar as compras na vila.
Os premios divídense en dous de 100 euros, un de 200 e outro de 400. A campaña mensual xera unha gran resposta dos clientes. Tanto para participar como para coñecer aos gañadores.
Merca na Illa tamén axudou a que numerosos empresarios se sumasen á asociación.
A campaña conta coa colaboración de Abanca e o concello da Illa de Arousa. Para o goberno local é moi necesario apoiar aos negocios da vila.
A través do facebook da Asociación de Empresarios da Illa de Arousa informarase mensualmente dos gañadores. Os premios recibirán os agasallos en vales compra para gastar nos comercios asociados. Os interesados en optar ao premio teñen agora outro mes por diante para poder participar facendo as súas compras nos establecementos da Illa.