Posta en valor do casco histórico para potenciar o turismo na Pobra

    humanizacionpobra_100_080408.jpgPOBRA > O concello de Pobra remodelará as rúas Fernández Varela e Xogo da Bola e as transversais de Cardeal Patiño e a rúa do Castelo.

    {flowplayer}barbanza/humanizacionpobra.flv{/flowplayer}

    Grazas a este proxecto, orzamentado en máis de 158 mil euros, dotarase a estas rúas dunha nova rede de saneamento, soterrarase o cableado eléctrico e colocarase novo mobiliario urbano. Ao tempo tamén se recuperará un dos barrios con máis historia do municipio, onde se emprazan vivendas que datan do século XIV, como a antiga casona dos Montenegro.

    Barrio histórico

    Tamén se levarán a cabo traballos de substitución do pavimento actual por outro en pedra, máis axeitado ao seu contorno e continúando ca liña de humanización que se seguiu noutras rúas próximas.

    A actuación tamén inclúe o acondicionamento do tránsito peonil na rúa Fernández Varela ca construcción dunha beirarrúa nun pequeno tramo que carecía dela.

    Financiación conxunta

    Para poder financiar esta actuación, o concello da Pobra solicitou unha achega á Consellería de Innovación e Industria que se fará cargo do 80% da contía do proxecto. O vinte por cento restante sairá das arcas municipais.

    Con esta actuación remata o proxecto de acondicionamento do casco antigo do concello da Pobra, que se iniciou ca posta en valor do barrio mariñeiro da Covecha.

    Está previsto que os traballos de execución se inicien no mes de xuño aínda que non se desbota retrasalos ata o mes de setembro para que non coincidan ca tempada estival.

    Redacción Barbanza