A Deputación investirá un millón de euros en quitamedos homologados

    quitamedos100_090408.jpgCALDAS > A Deputación de Pontevedra investirá 300 mil euros na colocación de gardarraís homologados na estrada Carracedo – Catoira.

    {flowplayer}images/salnes/quitamedoscarracedo.flv{/flowplayer}

    CALDAS > A Deputación de Pontevedra investirá 300 mil euros na colocación de gardarraís homologados na estrada Carracedo – Catoira. Trátase da primeira actuación deste tipo levada a cabo na rede de estradas provinciais. Segundo indicou o presidente Rafael Louzán, despois de mellorar os trazados agora toca centrarse na seguridade.

    Louzán visitou hoxe esta vía acompañado de varios membros da plataforma nacional de seguridade viaria. Para o colectivo, a colocación destas novas barreiras de protección axudará a reducir o número de vítimas. A plataforma ten previsto elaborar un informe dos puntos negros das estradas provinciais, co ánimo de que a Deputación o teña en conta no seu programa de mellora de estradas. Segundo indicou Louzán, a intención é destinar ata un millón de euros neste tipo de actuacións.

    Redacción Salnés