![]()
O GROVE > O PP afirma que algunhas das empresas provedoras da Festa do Marisco están relacionadas con membros do grupo de goberno.
O PP do Grove denuncia que algunhas das facturas da Festa do Marisco de 2007 corresponden a empresas relacionadas con membros do grupo de goberno. Por iso pide as oportunas explicacións, posto que consideran que este feito demostra unha actitude, ‘cando menos pouco ética’. Os populares cualifican de ‘despropósito’ os máis de 1.800 euros pagados á confraría polo uso do almacén da lonxa, xa que durante moitos anos se cedeu gratuitamente. O PP lembra que ‘hai catro ou cinco anos a confraría se negou a ceder este local amparándose en mil escusas que desapareceron agora a cambio de diñeiro’.
Ante situacións deste tipo, os populares piden ó goberno local que explique con claridade e detalladamente os gastos derivados da última edición da Festa do Marisco, así como a elección dos provedores. E para iso insisten na convocatoria do Consello Sectorial do Turismo.
Redacción Salnés







