Remata a ‘rehabilitación integral’ do colexio Xulio Camba de Vilanova

VILANOVA>  Rematan as obras de rehabilitación do colexio Xulio Camba de Vilanova. Os traballos centráronse na mellora da eficiencia enerxética do centro. A Xunta investiu no proxecto case 800.000 euros. Esta mañá, o Conselleiro de Cultura, visitou as instalacións. Román Rodríguez avanzou que o seu departamento vai continuar executando melloras integrais como a de Vilanova noutros colexios do país.

A Xunta dá por rematadas as obras de rehabilitación integral do colexio Plurilingüe Xulio Camba de Vilanova. O proxecto supuxo unha actuación global nas instalacións, con especial atención á mellora da eficiencia enerxética.

Os traballos supuxeron un investimento por parte do goberno galego de case 800.000 euros. Esta mañá, o Conselleiro de Educación visitou o centro.

Ademais do cambio da cuberta, fiestras e iluminación, tamén se instalou un ascensor e un baño adaptado, para salva-las barreiras arquitectónicas. Uns traballos que gustan ó alcalde vilanovés e que permiten, di Gonzalo Durán, mellora-la calidade do ensino no municipio.

Ademais, o conselleiro avanzou que o modelo de “recuperación integral” acometido en Vilanova aplicarase neste 2021 noutros centros educativos do país.

Para estas actuacións, os Orzamentos da Xunta para este ano contemplan unha partida que supera os 55 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí